Un amor sen fronteiras, o de Sylvia e Jonathan, protagonista esta noite en ‘Casamos!’

0
23

A parella, que se coñeceu en Barcelona pero rematou en Galicia, casa nunha voda ao máis puro estilo galego e chea de sorpresas para todos

Un amor sen fronteiras, o de Sylvia e Jonathan, protagonista esta noite en 'Casamos!'

Santiago, 25.04.2023.-   O programa ‘Casamos!’ (22.40 h) relatará esta semana a historia de amor de Sylvia e Jonathan, que se coñeceron grazas ao seu traballo en Barcelona. Aínda que a súa historia non comezou da mellor maneira posible, o amor pronto aflorou. 

Despois de seis anos de relación, a parella tivo que pasar por unha etapa complicada que fixo que romperan, pero axiña se decataron do erro que iso supoñía e a noiva rematou deixando todo por amor e mudándose a Galicia xunto a Jonathan. 

Agora, casan nunha voda ao máis puro estilo galego e chea de sorpresas para todos, da que serán testemuñas os espectadores da Televisión de Galicia.

Fuente Crtvg.es