Un calote por unha herdanza falsa centra esta noite as divertidas tramas de ‘Do dereito e do revés’

0
3

Os espectadores verán como afronta o caso o ilustre avogado Moncho Patiño, sempre disposto a atoparlle a un problema outro problema aínda maior

Un calote por unha herdanza falsa centra esta noite as divertidas tramas de 'Do dereito e do revés'

Santiago, 18.12.2019.-  A Televisión de Galicia ofrece esta noite o segundo capítulo da súa nova serie ‘Do Dereito e do Revés’ (22.35 h), unha comedia sobre galegos que precisan un avogado, con Víctor Fábregas como protagonista no papel de Moncho Patiño, un letrado moi peculiar e bastante trapalleiro.

Nesta ocasión, os espectadores verán como, cando Moncho sabe que o cura da vila foi estafado cunha herdanza falsa, só a unha mente coma a súa se lle pode ocorrer intentar estafalo outra vez con outra herdanza falsa. Quen pode ser tan parvo ou tan espelido de intentalo dúas veces? Só Ramón Patiño, ilustre avogado, sempre disposto a atoparlle a un problema outro problema aínda maior.

Fuente Crtvg.es