Un despropósito de vivenda reformada a anacos en Vilaboa é esta semana o reto de ‘Galicia Bonita’

0
49

O forte carácter do propietario porá a proba a paciencia e o bo facer da arquitecta Rosa Facal

Un despropósito de vivenda reformada a anacos en Vilaboa é esta semana o reto de 'Galicia Bonita'

Santiago, 29.03.2021.-    A TVG ofrece este luns unha nova entrega do programa ‘Galicia Bonita’ (22.25 h). Nesta ocasión, o equipo de reformas trasladarase ao concello pontevedrés de Vilaboa, onde a arquitecta, Rosa Facal, se atopará cun despropósito de vivenda reformada a anacos por Jose, o seu propietario.

Ademais, Carlos, o xefe de carpinteiros, andará saltando dunha obra a outra desatendendo as súas funcións, o que, sumado ao forte carácter de Jose, porá a proba a paciencia e o bo facer de Rosa.

Fuente Crtvg.es