Unha adicta ás compras e un mozo que acaba de independizarse, pero moi dependente da nai, retos hoxe do ‘Cousas da Casa’

0
19

Santiago, 27.04.2021.-   No ‘Cousas da Casa’ (22.25 h) de hoxe, Vanesa Travieso volve enfrontarse a grandes retos. Viaxará ata Vigo para coñecer a Ingrid Rodríguez, una mestra de primaria que se declara «adicta ás compras de roupa».  O  armario de Ingrid chegou ao límite e precisa urxentemente unha actuación integral de organización.

Aínda que Ingrid precisa a axuda dunha experta, non llo porá doado a Vanesa, xa que esta  mestra non é quen de recoñecer o seu problema de acumulación de roupa. Vanesa vivirá con Ingrid grandes momentos de tensión.

O segundo caso en que traballará a experta en organización do programa é radicalmente oposto. Suso Fontes vive en Santiago de Compostela, é terapeuta ocupacional e acaba de independizarse nun piso que antes compartía coa súa nai. Suso é moi organizado coas súas cousas da casa, pero é completamente dependente dos tuppers da súa nai para comer. Vanesa sorprenderase co estado da neveira deste mozo e fará con el un dos traballos máis didácticos do programa, levándoo incluso ao supermercado para encher a neveira con sentidiño.

E por último, o espazo viaxará ata Verín para coñecer a Mara, unha nena de tan só 4 aniños con máis de 30 abrigos e dous armarios cheos de roupa ata os topes! A súa nai, Pilar, non é consciente de ter un problema coa roupa da pequena e Vanesa está disposta a abrirlle os ollos e facela reaccionar.

Un programa en que Vanesa Travieso, organizadora profesional, traballará arreo cos protagonistas para acadar grandes resultados.

Fuente Crtvg.es