Unha parella de amigas enfróntase esta noite en ‘Lixo ou Tesouro’ a unha ducia de obxectos misteriosos

0
27

Para seleccionar o máis valioso, disporán de tres roldas, durante as que aumentará a tensión a medida que se descubran os valores das cousas que vaian descartando

Unha parella de amigas enfróntase esta noite en 'Lixo ou Tesouro' a unha ducia de obxectos misteriosos

Santiago, 07.11.2023.-    Na nova entrega do programa ‘Lixo ou Tesouro’ que a Televisión de Galicia ofrece este martes pola noite (22:45 h), a parella de amigas formada por Laura e María adentrarase  no fascinante mundo dos obxectos misteriosos.

O seu obxectivo será seleccionar o máis valioso dunha ducia de obxectos, onde haberá de todo, desde cousas asombrosamente caras a outras sorprendentemente baratas. Para isto, disporán de tres roldas, durante as que aumentará a tensión a medida que se descubran os valores reais dos obxectos que vaian descartando.

Coma sempre, ao final do programa desvelarase o premio que levarán as concursantes, que coincidirá co valor do obxecto que finalmente seleccionen como o máis valioso.

Fuente Crtvg.es