Unha parella de amigos enfróntase esta noite en ‘Lixo ou Tesouro’ ao reto de escoller o máis valioso dunha variada colección de obxectos

0
51

Ao longo das tres roldas do programa (22:50 h), aumentará a tensión a medida que se descubran os valores reais de cada un deles

Unha parella de amigos enfróntase esta noite en 'Lixo ou Tesouro' ao reto de escoller o máis valioso dunha variada colección de obxectos

Santiago, 24.10.2023.-     O programa ‘Lixo ou Tesouro’ ofreceralles esta noite aos espectadores da Televisión de Galicia unha nova oportunidade para seguir adentrándose no fascinante mundo dos obxectos antigos e misteriosos, con entretemento e curiosidades sobre sobre pezas cotiás e peculiares, algunhas incriblemente caras e outras, asombrosamente baratas.

Na segunda entrega de ‘Lixo ou Tesouro’, os concursantes serán Cándido e José, unha parella de amigos que se enfrontará a un desafío claro: seleccionar o máis valioso dunha variada colección de 12 obxectos.

Ao longo das tres roldas do programa presentado por María Mera, aumentará a tensión a medida que se descubran os valores reais de cada un deles. Ata o final non se desvelará o premio que levarán os concursantes desta semana, que coincidirá co valor do obxecto que finalmente elixan como o máis valioso.

Fuente Crtvg.es