A cantante galega Sabela e o grupo Bombai, convidados no ‘Bamboleo’ deste sábado

0
38

Unha das orquestras máis emblemáticas da verbena galega, Los Satélites, será a encargada da festa

A cantante galega Sabela e o grupo Bombai, convidados no 'Bamboleo' deste sábado

Santiago, 29.07.2023.-     A cantante galega Sabela e o grupo Bombai son os artistas convidados na nova entrega de ‘Bamboleo’ que se emite esta noite (22:40 h). Sabela chega con novidade discográfica e Bombai co seu último éxito. Sabela e o trío valenciano cantarán, compartirán experiencias e participarán nos xogos que os colaboradores do programa Tamara Pérez e Claudio Pan lles teñen preparados.

Unha das orquestras máis emblemáticas da verbena galega, Los Satélites, será a encargada da festa. Pola súa parte, os campións do mundo de bachata Antoni e Belén farán dúas exhibicións de baile e, para rir, os sucedidos de Isi.  

As seccións ‘Agora ou Nunca’, ‘A Jrileira’ e ‘ITV do Amor’ completarán unha noite de divertimento única: a que ofrece cada semana o programa ‘Bamboleo’.

Fuente Crtvg.es