A Copa Galicia de fútbol sala e o Campionato do Mundo de Motocrós desde Xanadú, destacados na G2

0
11

Santiago, 09.10.2020.-   As transmisións deportivas da segunda canle da Galega comezan esta fin de semana coa emisión de dous encontros da fase semifinal, tanto masculina como feminina, da Copa Galicia de fútbol sala, disputa correspondente á pasada tempada e suspendida por mor da pandemia. Así, o sábado, ás 17.00 horas, poderase seguir o Noia Portus Apostoli-Santiago Futsal e, a continuación, a cita feminina xogarase, ás 19.00 horas, no pavillón de Vista Alegre, entre Pescados Rubén Burela F. S. e Viaxes Amarelle F. S.

O domingo, o motocrós será o rei, coa emisión do Gran Premio de España, puntuable para o Campionato do Mundo de MXGP. Desde o recinto Xanadú poderase ver na G2, ás 13.00 e ás 16.00 horas, a participación do lucense Jorge Prado nunha competición trepidante, co liderado no aire.

A continuación, ás 17.30 horas, ofrecerase o partido de fútbol de 3ª División, que xogarán o Viveiro C. F. e o C. D. Ribadumia.

O luns, o deporte continuará sendo protagonista das transmisións da G2 e da web da CRTVG, xa que a partir das 19.00 horas achegarase tamén, en directo, un partido estelar entre dúas potencias de hóckey na OK Liga, como son o F. C. Barcelona e o Deportivo Liceo.

Fuente Crtvg.es