A CRTVG emite na fin de semana o Ourense Ontime-Viaxes Amarelle de fútbol sala e o Cultural Leonesa-Arenteiro da 1ª RFEF

0
15

Santiago, 20.1.2023.- A CRTVG ofrece esta fin de semana fútbol sala e sobre céspede. Os medios públicos arrancarán as emisións deportivas o sábado ás 16:00 h, co encontro da Segunda División RFEF entre R. C. Vilalvés e Ourense, que poderá seguirse tanto na G2 como na web crtvg.gal.

Xa pola tarde, a partir das 18:00 h, os afeccionados ao fútbol sala feminino poderán ver en directo o partido da 1ª RFEF Ourense Ontime-Viaxes Amarelle, tamén nos dous soportes. O dous equipos veñen de cómodas vitorias na pasada xornada. As ourensás, en mellor posición na táboa clasificatoria, gañaron ao Majadahonda, mentres as pontevedresas derrotaron o Poio Pescamar FS.

A xornada rematará tamén con fútbol. Ás 20:00 h enfróntanse Cultural Leonesa e C. D. Arenteiro na 1ª RFEF, partido que poderá seguirse tanto na G2 como en crtvg.gal.

A xornada deportiva do domingo arrancará ás 12:00 h co partido Osasuna Promesas-Celta Fortuna, que tamén se retransmitirá a través de G2 e crtvg.gal. Os dous equipos están na zona nobre da clasificación. O filial celeste atópase en cuarta posición na táboa logo das últimas xornadas, con tres triunfos consecutivos, e, a só un punto, o Osasuna Promesas ocupa a sexta posición. 

Desde as 17:00 h., a xornada futboleira continuará coas conexións dos medios públicos, tanto G2 como web, cos encontros da 2ª RFEF que involucran os equipos galegos: Pontevedra-Oviedo Vetusta, Coruxo-Avilés e Fabril-Zamora.  

E, como cada fin de semana, os programas ‘A xornada en xogo’ e ‘En xogo’ ofrecerán un resumo de mellores momentos e anécdotas, a partir das 23:00 h, sábado e domingo, respectivamente.

Fuente Crtvg.es