A G2 e a web da CRTVG retransmiten este xoves o Aulas Valladolid-Atlético Guardés, da Copa da Raíña de balonmán

0
8

Santiago, 02.09.2020.- Este xoves, os afeccionados e afeccionadas ás competicións deportivas poderán gozar pola segunda canle da Televisión de Galicia e a web da CRTVG do primeiro encontro dos cuartos de final da XLI edición da Copa da Raíña de balonmán, que disputan o Aulas Valladolid e o Mecalia Atlético Guardés.

Estes dous conxuntos enfrontáronse o pasado 29 de agosto nun partido amigable, que rematou cun resultado favorable para o conxunto vallisoletano, que anotou 29 tantos fronte os 25 do cadro galego. Desta volta, este xoves enfrontaranse por un posto nas semifinais da Copa, a partir das 18:45 h na G2 e, ás 15.30 h, en directo, pola nosa web.

Esta é a primeira competición oficial de balonmán nacional desde o inicio da pandemia provocada pola Covid-19, e celebrarase entre o 3 e o 6 de setembro no pavillón El Limón de Alhaurín de la Torre. O conxunto que acade a vitoria neste encontro enfrontarase ao gañador do Super Amara Bera Bera – BM Elche en semifinais.

Por outra banda, a G2 ofrecerá tamén o xoves, en directo, ás 17:30 horas desde San Sebastián, a clasificatoria masculina de 25 traiñeiras para participar este domingo na primeira xornada da Bandeira da Concha.

Fuente Crtvg.es