A G2 ofrece o documental ‘Tódalas mulleres que coñezo’, unha reflexión sobre o desequilibrio social entre o home e a muller

0
18

O filme de Xiana do Teixeiro artéllase sobre tres conversas reveladoras, que evidencian o violenta que segue a ser a rúa hoxe en día

A G2 ofrece o documental ‘Tódalas mulleres que coñezo’, unha reflexión sobre o desequilibrio social entre o home e a muller

Santiago, 08.03.2022.- No Día Internacional da Muller, a segunda canle da Galega ofrece esta noite o documental ‘Tódalas mulleres que coñezo’ (23.25 h), un filme radical e directo que amosa as vivencias de mulleres diversas como evidencia de como de masculinizada e violenta segue a ser a rúa hoxe en día.

En tres conversas reveladoras con amigas, colaboradoras e estudantes de Secundaria, a directora do documental, Xiana do Teixeiro, busca artellar un discurso sobre o medo que non fomente o medo, un discurso sobre a violencia que non resulte violento, o que acaba conformando unha historia de sororidade universal.

‘Tódalas mulleres que coñezo’ é unha ‘posta en palabras’ para pensar o desequilibrio social entre home e muller no noso país, unha película falada, feita de conversacións en tres escenarios enlazados e significativos que evidencian a violencia estrutural contra as mulleres e a fraude do mito da igualdade.

Fuente Crtvg.es