‘A illa das mentiras’, de Paula Cons e participada pola Televisión de Galicia, estreouse na plataforma INCAA

0
5

Santiago, 19.05.2020.-   A longametraxe ‘A illa das mentiras’, de Paula Cons, que comezou a rodarse co título de ‘El Santa Isabel’, estreouse esta fin de semana pasada na plataforma online do INCAA Arxentino Cine Ar TV. Participado pola Televisión de Galicia, este thriller conta nos papeis principais con Nerea Barros, Darío Grandinetti e Aitor Luna, xunto a Victoria Teijeiro, Ana Oca e María Costas.

‘A illa das mentiras’, ópera prima da directora compostelá, é un relato inspirado na historia de tres mulleres que se converteron en heroínas pola súa fazaña tras o naufraxio en 1921 do transatlántico Santa Isabel fronte ás costas galegas, pero ás que a sociedade esqueceu cedo.

O filme está coproducido pola galega Agallas Films, a vasca Historias do Tío Luis e a arxentina Aleph Cine. Conta coa participación da TVG, RTVE e ETB, e co apoio de AGADIC, Goberno Vasco, ICAA, INCAA arxentino e o Programa Ibermedia.

Fuente Crtvg.es