A Radio Galega trasládase este venres co programa ‘A Tarde’ á Feira ExpoBus Iberia, que se celebra en Silleda

0
9

Santiago, 21.11.2019.-    Este venres 22 de novembro, o programa ‘A Tarde’ da Radio Galega, presentado por Antón Rebollido, trasládase á Fundación Semana Verde de Silleda en horario de 16.00 a 19:.0 h. Neste concello celébrase, ata o 23 de novembro, a II Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada, ExpoBus Iberia.

Nesta mostra atópanse as tendencias, novidades e innovacións no sector do transporte de viaxeiros por estrada nun evento para profesionais do sector do autobús e do autocar. Nesta feira tamén haberá un amplo programa de xornadas e talleres, exposicións de vehículos clásicos, circuítos de probas e outorgarase tamén o premio ao mellor condutor de autocares de España. 

O programa da Radio Galega falará con Ricardo Durán, director da Feira Internacional de Galicia ABANCA; con Miguel Ángel Pérez, responsable para España e Portugal de Irizar, empresa patrocinadora do Concurso Mellor Condutor de Autocares de España. Tamén haberá tempo para conversar con Agustín Gómez, o secretario xeral da Asociación Nacional de Fabricantes de Carrocerías de Autobuses, que impartirá unha conferencia sobre novos sistemas avanzados de seguridade. Entre outros convidados, María García Egido, condutora de Alsa, tamén estará presente para participar no programa desta tarde.

Fuente Crtvg.es