A reforma dunha vivenda de mediados do século XIX en Begonte é hoxe a misión do programa ‘Galicia Bonita’

0
50

O equipo comandado por Rosa Facal terá que enfrontarse ás cuestionables decisións dos seus propietarios á hora de aplicar as súas ideas decorativas

A reforma dunha vivenda de mediados do século XIX en Begonte é hoxe a misión do programa 'Galicia Bonita'

Santiago, 22.10.2023.-    Na parroquia de Baldomar, no concello lucense de Begonte, a cuadrilla do ‘Galicia Bonita’ (23:00 h) afronta este domingo a reforma dunha vivenda de mediados do século XIX, que continúa en pé a pesar das cuestionables decisións dos seus propietarios á hora de aplicar as súas ideas decorativas.

Porén, o reto máis grande do equipo atoparase no toldo para cear, adaptado e cuberto cunha lona de publicidade, cuxa retirada non lles sentará nada ben a Loli e a Luís, que tamén utilizan un anaco de panel como mesa e un cacho de prancha de plástico para porta do pozo.

Fuente Crtvg.es