A relación entre Celia e Raúl pende dun fío en ‘Saudade de ti’, esta noite na TVG

0
47

Noutra escena da ficción, Brais ameaza a Lucho con acabar coa súa amizade, se non lle revela a Noa que el é seu pai

A relación entre Celia e Raúl pende dun fío en 'Saudade de ti', esta noite na TVG

Santiago, 29.8.2022.- Televisión de Galicia achegará este luns á noite unha nova sesión máis longa de ‘Saudade de ti’ (22.35 h), a serie de éxito deste verán da canle pública galega. Nesta nova entrega, a aventura que manteñen Celia e Raúl pende hoxe dun fío e que acaben xuntos dependerá unicamente dunha pregunta: está Mónica esperando un fillo de el?

Pola súa parte, Brais non quere ver a Lucho diante agora que sabe que é o pai de Noa, polo que toma medidas drásticas. Lucho non está de ánimo para aguantar a ninguén porque precisamente hoxe é o día que levaba tempo marcado no calendario. Pero a ameaza de Brais terá efecto en Lucho, que trata de afrontar a difícil conversa para revelarlle a Noa que el é seu pai.

Noutra escena, un erro de Dimas pon en perigo ‘Caldeirada de Abrente’ e Raúl non pode permitir que todo o seu esforzo sexa en van.

Por último, a mensaxe que Olga deixou no contestador, apuntando que xa non tiña unha aventura con Gaspar, será perfecta para que Adela faga o que mellor se lle dá: chantaxear.

Fuente Crtvg.es