A Televisión de Galicia convida os espectadores a vivir a Noiteboa na compaña da tropa do ‘Land Rober’ e da orquestra Panorama

0
27

Roberto Vilar, Eva Iglesias e Miguel Canalejo levarán a batuta nunha velada chea de humor e risas (22.55 h)

A Televisión de Galicia convida os espectadores a vivir a Noiteboa na compaña da tropa do 'Land Rober' e da orquestra Panorama

Santiago, 24.12.2022.-    A tropa ao completo do ‘Land Rober Tunai Show’ convida hoxe os espectadores da TVG a vivir unha Noiteboa coa orquestra Panorama, que arrastra unha lexión de seguidores alá por onde vai. Nunha velada tan emblemática non pode faltar un discurso, que correrá a cargo da muller do ano: chega Tamara Falcó con moito que dicir.

Este especial vai dar moito de si, porque, como é tradición, non faltará a visita de Felipe II. Que lle picará agora a este homiño? E ollo porque chega unha nova entrega de ‘Dosinda’, que parece que cambiou algo tras unha chea de operacións.

En definitiva, esta será unha Noiteboa con moito humor e moitas risas na Televisión de Galicia, nunha velada en que levarán a batuta Roberto Vilar, Eva Iglesias, Miguel Canalejo e compañía.

Fuente Crtvg.es