A Televisión de Galicia é a canle autonómica máis vista de España no 2021

0
12

Santiago, 09.12.2021.-     A terceira e última onda do Estudo Xeral de Medios de 2021, coñecida este xoves, confirma o crecemento de audiencia da Televisión de Galicia cunha cota do 16,8% no período de luns a venres. A canle pública incrementa a súa cota de pantalla en dous puntos en comparación coa onda anterior e tamén en comparación co mesmo período de hai un ano.
    
Ademais, no resumo do ano que se completa con esta onda, a TVG (16,6%) acada o liderado tanto en Galicia como entre as canles autonómicas, superando a TV3 (15,5%) en 1,1 puntos.

Líderes en información

O informe salienta nesta onda unha vez máis a fortaleza dos informativos da TVG, moi especialmente na sobremesa, cunha cota media do 30,4% entre as 13:30 h e as 17:00 h cunha franxa composta polo bloque informativo do ‘Galicia Noticias’ e o ‘Telexornal Mediodía’ (acadando picos por riba do 50%)  seguidos do magazine da tarde ‘Quen Anda Aí’, e superando en máis de 13 puntos o seguinte competidor (Antena 3, cun 17,3%). Tamén na franxa da noite destaca o ‘Telexornal Serán’, con picos de audiencia por riba do 20%.

Por días da semana, nesta última onda do EXM cómpre salientar as audiencias dos xoves, cunha cota do 19,1%, e dos venres, cunha cota do 18,9%.

Fuente Crtvg.es