A TVG acapara o 90% dos espazos máis vistos en Galicia no mes de xullo

0
7

Santiago, 03.08.2020.– A Galega foi en xullo a canle de televisión xeneralista máis vista entre os mozos de 13 a 24 anos, nun mes en que se acadou un 10,1% de cota no conxunto día, e un 10,2% no prime time e no que seguiron crecendo as audiencias dos seus informativos, que seguen a ser líderes entre os galegos.

Deste xeito, e por terceiro mes consecutivo, mantense a renovación do público da TVG nunhas faixas de idade en que o consumo de TDT é cada día máis complicado de conseguir ante a cada vez máis ampla oferta dixital.

Na clasificación dos 25 programas máis vistos en Galicia neste mes, 22 son informativos da TVG, co ‘Telexornal mediodía’ como o más visto. De media, cada un destes espazos chegou a 119.000 telespectadores por informativo (a seguinte canle, Tele5, acada 91.000). En xullo, estes informativos medraron en audiencia: o matinal ‘Bos días’, con 4,7 puntos de cota máis; o ‘Galicia noticias’ con 8 décimas máis que en xuño; o ‘Telexornal mediodía’ medrou 1,1 puntos de cota; e ‘A revista fin de semana’, 4,1 puntos máis.

A TVG é de novo a canle pública máis vista en Galicia e no que respecta ás televisións autonómicas reunidas en FORTA, a Televisión de Galicia mantén valores superiores á media destas canles en 2 puntos máis de cota.

Fuente Crtvg.es