A TVG entra este martes ‘Na Mente do Asasino’ do crime de Santoalla

0
14

A través dun documental e dun debate afondarase nos feitos ocorridos en 2010, cando Martin Verfondern foi asasinado por un dos seus veciños

A TVG entra este martes 'Na Mente do Asasino' do crime de Santoalla

Santiago, 13.10.2020.-  Na terceira entrega de ‘Na Mente do Asasino’ (22.35 h), serie documental que afonda nos impulsos e pensamentos das persoas que cometeron algúns dos crimes máis impactantes dos últimos tempos tempos en Galicia, tratarase hoxe o caso do crime de Santoalla, en que Martin Verfondern foi asasinado por un dos seus veciños despois de que un xulgado lle recoñecese a Martin o dereito a ser comuneiro 40 días antes do crime. Martin desapareceu en 2010 e os seus restos apareceron catro anos máis tarde cando, por casualidade, un helicóptero do servizo de extinción de incendios localizou o seu coche.

O documental ‘Matando polas leiras’ contará coas intervencións da viúva da vítima, Margo Pool; do catedrático en Psicoloxía Criminal Jorge Sobral e das xornalistas Cristina de la Torre e Silvia R. Pontevedra para afondar no caso e nos detalles dos feitos.

A continuación, no debate do programa, moderado polo xornalista Pablo Carballo, participarán expertos de diferentes ámbitos, como o antropólogo do CSIC Manuel Mandianes, o forense do Imelga Fernando Serrulla, o psiquiatra Luís Ferrer e a avogada mediadora Isabel Ameijeiras.

Fuente Crtvg.es