A TVG estrea esta noite ‘Imos ao choio’, espazo de reformas interiores e decoración, que cambiará as casas galegas

0
218

Santiago, 26.11.2023.- A TVG estrea este domingo ‘Imos ao choio’, un formato centrado na reforma interior e decoración de vivendas, que vai transformar casas por toda Galicia. Inda e Julio son reformadores profesionais e en cada entrega do programa terán un reto diferente. Verán casas antigas, desfasadas ou en malas condicións, pero, coa axuda da decoradora Vanesa, pegaranlles un cambio radical.

Ademais, nas distintas entregas deste espazo, os reformadores da TVG atoparanse con todo tipo de sorpresas e atrancos inesperados. No primeiro programa, coñecerán a Hortensia, a propietaria da casa que terán que reformar, e que lles vai dar moito traballo. Está chea de humidades, mobles desfeitos e centos de cousas pouco útiles. E, por riba, ten moi pouca luz. 

O fillo de Hortensia, Luís, quere darlle unha sorpresa arranxándoa, pero á muller non lle gusta demasiado que lle movan as súas cousas, o que levará a algún que outro conflito cos reformadores, que, xa de por si, discuten dabondo entre eles.  Ademais, nesta reforma van ir xustos de tempo, polo que precisarán pedir axuda. Con todo e pese aos moitos atrancos, o seu traballo vai deixar abraiada a Hortensia.

‘Imos ao choio’ arranca así con personaxes secundarios inesperados e unha primeira entrega cargada de humor.

Fuente Crtvg.es