A TVG propón desde este domingo realizar un paseo pola nosa arquitectura, coa serie documental ‘Pedra a pedra’

0
17

Santiago, 19.3.2022.-  Televisión de Galicia estrea esta noite ‘Pedra a pedra’ (00.30 h), unha serie documental realizada por Breogán Riveiro, que propón un paseo pola nosa arquitectura. Da man do actor e arquitecto Manuel Lozano, esta nova produción percorrerá distintas zonas de Galicia para descubrir, pedra a pedra, o gusto pola arquitectura.  

Neste percorrido inicial pola arquitectura de Galicia, que leva por título ‘Arquitectura pero sen arquitectos’, Manuel Lozano leva este domingo os espectadores a coñecer a arquitectura popular, a arquitectura dos artesáns, a arquitectura sen arquitectos.

Con este cometido, ‘Pedra a pedra’ achegarase ata Angueira de Castro a coñecer a Pedro de Llano, e paseará por Piornedo, a Terra Chá, A Ponte Maceira ou pola costa, sempre cos ollos abertos para aprender a valorar o que hai en Galicia e para intentar dar resposta a unha pregunta: Existe iso que se chama ‘feísmo’?

Fuente Crtvg.es