A TVG segue medrando e pecha xaneiro por riba dos rexistros de 2021

0
13

Santiago de Compostela, 01.02.2022.-  A cota de pantalla da TVG chegou en novembro ao 10,4 % no conxunto do día e subiu no prime time ata o 11,2 %, por riba da media acadada no 2021 (10,1 %). Este comezo de ano estivo tamén marcado de novo polo liderado informativo en Galicia. O seguimento da información de proximidade na franxa informativa do mediodía, entre as 13:30 h e as 15:30 horas eleva a audiencia do ‘Galicia noticias’ e o ‘Telexornal mediodía’ ata o 20 %, de luns a venres, superando o competidor máis próximo en 2,2 puntos de cota (Antena 3 cun 17,8 %).

Ademais, no prime time, a Galega mantén a segunda posición en Galicia, salientando as cotas acadadas os martes (11,4 %), coa emisión de  ‘48 horas para o si’; dos xoves (12 %) con ‘Land Rober Tunai Show’, e dos venres (11,9 %) con ‘Luar’. Deste xeito, seis dos sete días da semana a CRTVG supera o 10 % de audiencia, o que amosa o grande grao de penetración e sintonía coa cidadanía da grella dos medios públicos.

Xaneiro foi tamén un mes de crecemento o eido dixital ás propostas da canle pública. A CRTVG uniu esforzos e converteuse na primeira canle de España en combinar de forma simultánea a emisión a través da TDT, da Radio Galega, da súa canle na plataforma Twitch e tamén na de YouTube. Fíxoo esta pasada fin de semana para acompañar as Tanxugueiras na gala final de selección do representante español en Eurovisión 2022 nunha emisión múltiple que reuniu preto de 300.000 persoas na noite do sábado.

Fuente Crtvg.es