As actrices Carmen Méndez, Ledicia Sola e Marta Doviro pintarán a mona no ‘Land Rober Tunai Show’ desta semana

0
36

O programa presentado por Roberto Vilar (21.55 h) contará cunha nova entrega do xogo que máis dá que falar, o ‘A quen se parece?’

As actrices Carmen Méndez, Ledicia Sola e Marta Doviro pintarán a mona no 'Land Rober Tunai Show' desta semana

Santiago, 11.05.2023.-   Esta semana veñen pintar a mona ao ‘Land Rober Tunai Show’ tres cómicas galegas. Chegan as R(h)umorosas: Carmen Méndez, Ledicia Sola e Marta Doviro, que participarán esta noite nos xogos e sketchs do programa.

Despois de anos preguntándonos ‘Que din os rumorosos?’, estas tres actrices, ben coñecidas polos espectadores da TVG, pregúntanse agora que din ‘As R(h)umorosas’. A través deste novo espectáculo de comedia, comparten algunhas das súas repostas. E, ademais, mesturando monólogos, música e danza, falan das mulleres galegas que fixeron historia.

Por outro lado, os espectadores verán como a xefa do Cartel de Medellín ten unha xuntanza cos pilotos de narcosubmarinos de toda Europa. O que pode saír disto! Chega ademais unha nova entrega do xogo que máis dá que falar, o ‘A quen se parece?’. Que dobres de famosos visitarán esta noite o programa presentado por Roberto Vilar?

Fuente Crtvg.es