As emisoras da RG logran 205.000 ouvintes, con datos históricos que a colocan como a que máis medra en Galicia

0
11

Santiago, 27.11.2019.- A Radio Galega acadou na terceira onda do Estudo Xeral de Medios coñecida esta mañá os seus mellores datos desde 2013, cun incremento de 50.000 oíntes. Deste xeito, e nesta última onda do ano, o conxunto das canles da Radio Galega alcanzan os 205.000 oíntes de luns a venres, o que supón un crecemento histórico de case o 40% respecto a onda anterior.

A Radio Galega é a emisora galega que más creceu e ocupa xa o segundo lugar en Galicia nas preferencias da audiencia. Radio Galega Música sumou máis de 25.000 novos oíntes en 2019 o que supón un incremento do 61% respecto a 2018.

O ‘Galicia por diante’ suma 125.000 oíntes, o dobre que hai un ano, segundo a onda do EXM deste mes de novembro. Na franxa informativa de Xosé Valiñas alcanzan os 74.000 oíntes, o que supón un forte incremento de máis de 30.000 oíntes con respecto á anterior onda. O magazine dirixido por Kiko Novoa sobe en 20.000 oíntes ata situarse nos 71.000.

Nas madrugadas o espazo ‘Pensando en ti’ é líder. Dirixido por Marcial Mouzo alcanza os 36.000 oíntes desde a unha ás seis da mañá, o que supón unha suba de 3.000 oíntes con respecto a hai un ano. A edición de fin de semana tamén experimentou un incremento ata os 14.000 oíntes o sábado, e os 17.000 o domingo. Os programas temáticos que preceden o ‘Pensando en ti’ de luns a venres alcanzan a cifra dos 12.000 oíntes.

Mantéñense os datos de ‘A tarde’, de Antón Rebollido con 19.000 oíntes, os mesmos que na onda do EXM do mes de xuño e 10.000 máis que hai un ano nas mesmas datas. No plano deportivo, ‘Zona mixta’, de Carlos Alonso, suma 7.000 oíntes e ‘Ao contraataque’, dirixido por Pedro Pablo Alonso, 21.000, o que supón unha suba con respecto a datos anteriores.

Os informativos consolídanse no último EXM do ano. Ademais do forte incremento do ‘Galicia por diante’ de Xosé Valiñas, mantense ‘A crónica’, con Silvia Pereira, con 11.000 oíntes. A edición nocturna, dirixida por Celia Rúa, novo produto desta temporada, alcanza os 20.000 oíntes, con especial forza no faladoiro da noite, ás 22.00 horas.  

Na fin de semana, o ‘Galicia por diante’ con Victoria Rodríguez é líder e alcanza os 51.000 oíntes na edición dominical, o que supón un incremento de 17.000 con respecto a hai un ano.

O programa especializado en cine ‘Sala 5’ alcanza as 16.000 persoas no mediodía dos sábados. Os programas de humor ‘Déitate’ e ‘Como que non?’, na medianoite de venres a domingo, consolidan as súas audiencias.

O ‘Diario cultural’ afianza o modelo #Cultura365 da Corporación

O ‘Diario cultural’ consolídase e alcanza os 46.000 impactos cada día de luns a venres. Consolídase, deste xeito, o proxecto lanzado hai un ano no marco do plan #Cultura365, coordinado pola xornalista María Solar, que segue a estratexia de emitir os espazos culturais en horarios de máxima audiencia e consumo radiofónico os sete días da semana e tamén a través da nova canle dixital diariocultural.gal.

Fuente Crtvg.es