As ligas de fútbol, balonmán e fútbol sala, esta fin de semana, en directo, nos medios públicos galegos

0
1

Santiago, 10.01.2020.-   Unha fin de semana máis, os afeccionados ao deporte estarán acompañados polos medios públicos galegos, que ofrecerán, en directo, pola G2 e pola web da CRTVG, os encontros dos conxuntos galegos de fútbol de Segunda División B e Terceira División, así como as ligas de balonmán e fútbol sala femininas.

As retransmisións deportivas comezarán o sábado ás 16.15 h co partido da división de honra feminina de balonmán que disputarán o Conservas Orbe BM Porriño e o Mecalia Atl. Guardés. Na xornada anterior, a última disputada en 2019, o Porriño perdeu contra o Rincón Fertilidad Málaga, mentres que e o Guardés empatou ante o BMC Liberbank Gijón.

A continuación, ás 20.00 h, será a quenda do fútbol sala, tamén na súa categoría feminina, co derbi entre o Poio Pescamar e o Burela Pescados Rubén, correspondente á xornada 16 de liga. O Poio rematou o ano gañando na casa ante o Zaragoza e o Burela tamén finalizou 2019 cunha vitoria, neste caso a domicilio, en Bilbao. Se o Poio logra a vitoria, podería achegarse un pouco máis ao Ourense, que ocupa a terceira posición. Pola súa parte, o Burela intentará acurtar distancias co Futsi AF, do que actualmente o separan 5 puntos.
    
O Celta B inaugurará as emisións deportivas do domingo na G2 e na web da CRTVG ás 12.00 horas, co partido que disputará ante o SADCF Internacional en Barreiro.

Xa pola tarde, dentro do espazo ‘A Liga das Cidades’, ofrecerase en directo o encontro Coruxo F. C. – Pontevedra C .F., un derbi galego de 2ª B que se presenta emocionante, xa que ambos os dous conxuntos loitan pola quinta praza. O Coruxo está nun bo momento, xa que leva sen perder desde o 8 de decembro, ante o Langreo. Pola contra, o Pontevedra leva dous partidos seguidos sen gañar e neste encontro buscará acadar a primeira vitoria do ano.

Tamén se establecerán conexións co partido de Terceira División entre o C. D. Barco e o Ourense C. F., dous conxuntos que comezaron o ano sen anotar os tres puntos da vitoria. O Barco foi goleado polo Choco, mentres que o Ourense empatou co Compostela, o que lle impediu acadar o liderado da clasificación.

Fuente Crtvg.es