As tres parellas finalistas enfrontan a penúltima semana de concurso en ‘A Sariña busca pretendentes’

0
13

Santiago, 8.6.2022.-  ‘A Sariña busca pretendentes’ (23.05 h) entra hoxe na décimo cuarta semana de programa, a penúltima. Na casa só quedan tres parellas de finalistas e unha delas será a que se alce co título de propiedade da Sariña.

Este mércores, o concurso será mais difícil ca nunca e, logo dun complicado xogo de recompensa, as tres parellas terán que enfrontar unhas misións ‘case imposibles’. Por fin, terán a oportunidade de renovar a fachada principal e rematar o corredor e a adega, pero só contarán cunha semana para facelo.

Ademais, as tres parellas de concursantes terán que enfrontar unhas  multitudinarias citas cos veciños, que permitirán a grandes e pequenos opinar das aptitudes e actitudes destes pretendentes.

Como verán esta noite os espectadores, nesta penúltima semana de concurso xa non quedan ‘amigos’ na Sariña. As tres parellas teñen claro que toca obrar e pensar, porque, neste mesmo programa, os peor parados terán que marchar ao desterro.

Fuente Crtvg.es