As xogadoras do Burela F. S. revolucionan o ‘Land Rober Tunai Show’, xunto cos cómicos Mariam Hernández e Antonio Garrido

0
51

Esta noite, vaise descubrir o talento orquestreiro galego, nunha nova edición de ‘Cantante ou Farsante’, e Dosinda descifrará que hai tras os ósos de Ribeira

As xogadoras do Burela F. S. revolucionan o 'Land Rober Tunai Show', xunto cos cómicos Mariam Hernández e Antonio Garrido

Santiago, 18.03.2021.-    O ‘Land Rober Tunai Show’ (21.55 h) recibe este xoves o mellor equipo do mundo de fútbol sala feminino: as guerreiras laranxas do Pescados Rubén Burela F. S. Moito ollo porque veñen dispostas a todo… incluso a poñer a proba a Roberto Vilar.

Contarase tamén coa participación da actriz Mariam Hernández, que vai descubrir o talento orquestreiro que hai en Galicia. Chega unha nova entrega de ‘Cantante ou Farsante’.

Por se fose pouco, chegará, amais, o actor Antonio Garrido cun ás na manga… ou tres! Porque o programa vai desenvolver unha nova edición de ‘Que gardas aí?’ para descubrir que obxectos estraños e incribles ten.

E a maiores, Dosinda terá a encomenda de axudar a descifrar que son realmente os ósos misteriosos que apareceron en Ribeira!

Fuente Crtvg.es