‘Bamboleo’ chega este primeiro sábado do ano coa música de Tamara e El Combo Dominicano

0
12

Santiago, 02.01.2021.-  ‘Bamboleo’ (22.00 h) segue celebrando o Nadal e chega este primeiro sábado do ano á grella de Televisión de Galicia coa mellor selección musical, moito humor, un montón de sorpresas e con María Mera como mestra de cerimonias.

Neste primeiro programa de 2021, o espazo da Televisión de Galicia contará coa presenza dunha convidada que leva máis de 20 anos sobre os escenarios: a cantante sevillana Tamara. Cunha traxectoria profesional de grandes recoñecementos tanto en España como en Latinoamérica, chega con novidades. ‘Si nos dejan’ será un dos éxitos que esta noite interpretará sobre o escenario de ‘Bamboleo’ e farao cantando en vivo, acompañada do mestre Varela ao piano. Os espectadores tamén escoitarán o seu novo sinxelo, que forma parte dun proxecto solidario para loitar contra a covid-19 e que se titula ‘Espérame en el cielo’.

Antonio Luz, artista de Nocelo da Pena, no concello de Sarreaus, e residente en Madrid, será outro dos convidados da noite. Antonio vén presentar o seu primeiro disco: ‘28 besos’, que contén cancións de pop aflamencado como o tema que interpretará esta noite: ‘Quimera’.

Unha das orquestras máis recoñecidas da verbena galega, El Combo Dominicano, visitará o estudio de ‘Bamboleo’ para alegrar a noite e facer bailar os presentes co seu característico swing. Ademais, a parella de bailaríns campións mundiais de bachata Andrés e Yessica farán dúas fantásticas exhibicións na pista de baile.

Os participantes do ‘Agora ou Nunca’, Arlenys Castro e Manuel Viturro, cantarán ‘Yo viviré’, de Celia Cruz, e ‘A mi manera’ de Frank Sinatra, respectivamente. Na ‘Jrileira’, os representantes do Club Atletismo Santiago e do Club Deportivo Conxo, Nuria e Quico, competirán no karaoke cantando ‘Sofía’, de Álvaro Soler, e adiviñando intérpretes acompañados dos seus colegas.

Isi, o furacán de Arca, traerá consigo o humor que o caracteriza mentres que os colaboradores Claudio Pan e Tamara Pérez meterán os convidados en apertos. A ‘ITV do Amor’ chegará ao final do programa e porá a proba a Melanie e a súa parella, que terán que enganar o participante do público para levar o premio que hai en xogo.

Fuente Crtvg.es