‘Bamboleo’ conta esta noite coas Tanxugueiras, trío que revolucionou a música tradicional galega e traspasa fronteiras

0
27

Santiago, 25.02.2026.- ‘Bamboleo’ recibe hoxe o trío de mulleres que revolucionou a música tradicional galega e que traspasa fronteiras: Tanxugueiras. O programa de entretemento familiar que conduce Xosé Manuel Piñeiro contará coa presenza de Olaia Maneiro, Sabela Maneiro e Aida Tarrío. O grupo acaba de publicar o disco titulado ‘Diluvio’, que recolle temas como a canción ‘Terra’, que propuxeron para asistir ao Festival de Eurovisión. Ademais de interpretar outros temas do disco, Tanxugueiras participarán nos xogos de Claudio Pan e Tamara Pérez.

O grupo Crimson and Clover ofrecerá no escenario do ‘Bamboleo’ unha reinterpretación da música rock dos anos 70 co seu último sinxelo: ‘Fuego’. A música máis bailable e verbeneira chegará da man da formación Los Coleguitas e, no tempo de baile, a parella da Costa da Morte formada por Andrés e Laura fará unha exhibición de chachachá e outra de tango na súa estrea oficial na modalidade de 10 bailes. 

No ‘Agora ou Nunca’ desta noite participarán Pablo Galiñanes e Rafael Briceño cantando ‘Lobos’, de Leiva, e ‘La flaca’, de Jarabe de Palo. Tamén Isi volverá con outro dos seus particulares monólogos cos que pon o público a rir.

En ‘A Jrileira’ participará a Comisión de Festas de Santa María Magdalena de Ribadelouro, en Tui, e a Comisión de Festas de Cimadevila, en Boiro. Na ‘ITV do Amor’, unha parella de namorados fará todo o posible por despistar un participante do público e gañar un fantástico premio.

Fuente Crtvg.es