‘Bamboleo’ recibe esta noite os artistas Shail Dúrcal e Enrique Ramil

0
29

Santiago 25.11.2023.- ‘Bamboleo’ regresa esta noite á Televisión de Galicia cunha fantástica mestura de música, baile e humor. Enrique Ramil, Shaila Dúrcal e a orquestra Cinema acompañarán a Xosé Manuel Piñeiro e a Lucía Regueiro nesta nova entrega do espazo semanal. 

De volta en España, despois de realizar senllas xiras por México, Shaila Dúrcal e Enrique Ramil interpretarán grandes éxitos das súas respectivas carreiras. Os dous convidados compartirán anécdotas e participarán nos xogos do programa. Isi tamén regresará este sábado coas súas divertidas e peculiares historias.

A orquestra Cinema, unhas das formacións máis recoñecidas de Galicia, pasará polo escenario de ‘Bamboleo’ para deleite dos máis verbeneiros e a parella galego-italiana formada por Patricia e Jacopo amosarán a súa conexión na pista de baile con dúas exhibicións de showdance e valse.

Hoxe participan en ‘A Jrileira’ as comisións de San Vicente de Vigo, en Carral; San Benito de Romariz, en Soutomaior; a Asociación Cultural Xuventude de Portomouro, en Val do Dubra, e a Comisión de Festas de San Roque de Camos, en Nigrán. Deberán superar dúas probas musicais se queren levar un magnífico premio. Un dos equipos terá unha nova oportunidade na ‘Repesca’ e participará no xogo da ‘ITV do Amor’. 

Fuente Crtvg.es