Carmen Lomana volve esta noite ao ‘Land Rober Tunai Show’, onde terá que poñerse a cociñar

0
51

Ao show unirase o cantautor galego Andrés Suárez, que vai descubrir o talento que hai en Galicia e máis aló das nosas fronteiras

Carmen Lomana volve esta noite ao 'Land Rober Tunai Show', onde terá que poñerse a cociñar

Santiago, 13.04.2023.-    Este xoves volve ao ‘Land Rober Tunai Show’ a emblemática Carmen Lomana, que vai ter que traballar arreo. Despois de aprender que dun anaco de pataca nacen máis patacas, o equipo do programa vai poñela a cociñar. Ao show unirase o cantautor galego Andrés Suárez, que vai descubrir o talento que hai en Galicia e máis aló das nosas fronteiras.

Por outro lado, volven as ‘Mañás de Marilú’ porque o alcalde de Pazos prepara unha misión á NASA. E Dosinda tamén anda coa mosca detrás da orella porque contratou un cantautor para o seu restaurante, pero algo pinta mal.

Ademais, o espazo da TVG celebrará a poxa do traxe de Rober, ou do que quedou del, despois de que o esnaquizara Luís Zahera. Todo isto e moito máis, esta noite, a partir das 21.50 h, co humor de Roberto Vilar, Eva Iglesias e Miguel Canalejo.

Fuente Crtvg.es