‘Casamos!’ volve este luns á TVG coa voda en Viveiro de Nerea e Juanpe, unha parella que superou a distancia

0
66

Galega ela e estremeño el, coñecéronse en Madrid, viviron en Estremadura, pasaron unha fonda crise e agora culminan a súa historia de amor cunha cerimonia en Galicia

'Casamos!' volve este luns á TVG coa voda en Viveiro de Nerea e Juanpe, unha parella que superou a distancia

Santiago, 04.12.2023.-    Esta noite (22:45 h) volve á TVG ‘Casamos!’, o popular espazo dos medios públicos sobre historias reais de amor que acaban en voda e en que as cámaras recollen todos os preparativos da cerimonia.

Nesta ocasión, os espectadores coñecerán a Nerea e Juanpe. Estes noivos coñecéronse hai nove anos nunha festa de fin de ano en Madrid e o seu foi amor a primeira vista. Porén, interpúxose a distancia. Nerea vivía na capital e Juanpe en Estremadura.

Tras un período de distanciamento, Nerea decidiu apostar pola relación, deixalo todo e mudarse a Estremadura. Malia que estaba moi ilusionada, custoulle adaptarse á súa nova vida noutra cidade e o seu mozo non a apoiou o suficiente. Logo dunha forte crise e moita terapia de parella, saíron reforzados da experiencia e agora casan en Viveiro, a vila natal de Nerea, nunha voda que mestura o mellor de Galicia e Estremadura.

Fuente Crtvg.es