Comeza a rodaxe en Galicia de ‘Tratamos demasiado ben as mulleres’, nova película participada pola TVG

0
25

Esta comedia negra, unha coprodución internacional con Francia, é a ópera prima de Clara Bilbao e está protagonizada por Carmen Machi, Antonio de la Torre, Luís Tosar, Diego Anido e Nancho Novo, entre outros

O filme narra o inesperado encontro entre un delirante grupo de maquis na súa fuxida cara a adiante e unha muller de armas tomar

Comeza a rodaxe en Galicia de 'Tratamos demasiado ben as mulleres', nova película participada pola TVG

Santiago, 30.03.2023.-    Comeza a rodaxe en Galicia dunha nova película participada pola TVG, en cumprimento das accións de apoio dos medios públicos ao sector audiovisual galego. Ficción Producciones arrancou a gravación de ‘Tratamos demasiado ben as mulleres’, unha coprodución internacional con Francia, que conta tamén co apoio de RTVE e de Amazon Prime Video.

Esta proposta cinematográfica orixinal e provocadora é a ópera prima de Clara Bilbao e supón o salto á dirección desta figurinista, gañadora de catro premios Goya. ‘Tratamos demasiado ben as mulleres’ é unha comedia negra con guión de Miguel Barros e baseada no best seller francés ‘On est toujours trop bon avec les femmes’, escrito por Raymond Queneau. A película contén unha miscelánea de xéneros entrelazados: comedia, absurdo, costumismo e unha gran dose de acción e modernidade.

‘Tratamos demasiado ben as mulleres’ narra o inesperado encontro entre un delirante grupo de maquis na súa fuxida cara adiante e Reme, unha muller de infinita crueldade. Conta cun elenco coral capitaneado por Carmen Machi e Antonio de la Torre. Por parte galega participan no filme actores de prestixio como Luís Tosar, Diego Anido, Nancho Novo e Cris Iglesias.

Fuente Crtvg.es