Comeza na TVG unha nova temporada de ‘A Lei de Santos’, co protagonista decidido a deixar a súa carreira criminal para levar unha vida honrada

0
24

Santiago, 19.09.2021.-   Este domingo volve á Televisión de Galicia, coa súa segunda temporada, a serie ‘A Lei de Santos’ (23.00 h). Na primeira, os espectadores viron como o protagonista marchou de Serramoura e volveu a Viladesantos co obxectivo de dar o que sería o seu último golpe, pero a cousa non saíu como planeara.

O descubrimento de que é o pai biolóxico de Uxía, aínda por riba Garda Civil de profesión, supuxo un auténtico shock para el. Ademais, a inesperada morte de Pancho, despois dun duro enfrontamento con Antonia, obrigou a Santos a facer unha profunda reflexión: seguir sendo Santos e un temido delincuente, ou deixar a profesión e levar unha vida honrada como Mario Piñeiro.

Nesta nova temporada, os espectadores verán como o mundo está do revés, xa que Santos quere deixar de lado a súa carreira criminal para levar unha vida honrada. Con moitas dúbidas sobre o seu futuro, decide regresar a Viladesantos, unha vez máis, coa esperanza de atopar a resposta. Pero, aínda que el non os busque, os problemas sempre acaban por atopalo.

Fuente Crtvg.es