Este mércores, fútbol de Segunda B e Terceira na web da Radio Galega

0
8

Santiago, 16.03.2021.-  Achégase o final da primeira fase nas competicións de Segunda B e Terceira. Este mércores, varios equipos disputan partidos adiados no seu día polos casos positivos de covid-19. A Radio Galega emitirá a través da súa páxina web e da aplicación para o móbil dúas edicións especiais de ‘Galicia en goles’.

A primera sesión chega ás doce e vinte e cinco do mediodía, coa retransmisión desde o campo do Vao do encontro entre o Coruxo e o Rácing de Ferrol. O equipo departamental depende de si para entrar entre os tres primeiros do grupo. Réstanlle tres encontros e, de sumar sete puntos, conseguiría o obxectivo. O primeiro paso é vencer en Vigo, ante un rival que está condenado a xogar por non descender á Terceira Federación.

Xa pola tarde, desde as oito menos dez, o programa deportivo contará a minixornada na Terceira: Fabril-Vilalbés, Silva-Viveiro e Alondras-Bouzas, ademais do Cisne-Anaitasuna da Liga Asobal de balonmán. Durante o ‘Galicia en goles’ tamén informarán do que faga o Cangas, na pista do Puente Genil.

Durante o mércores, os espazos ‘Zona Mixta’, ás 3 da tarde, e ‘Ao contraataque’, ás 11 da noite, ofrecerán unha ampla información do sucedido nos campos e nas canchas de xogo.

Fuente Crtvg.es