‘Cos pés na terra’ combate as velutinas e coñece sabores diferentes da horta e un espazo único con vacas cachena

0
43

O programa amosará hoxe novas historias duns profesionais que apostaron polo traballo e a vida no rural galego

'Cos pés na terra' combate as velutinas e coñece sabores diferentes da horta e un espazo único con vacas cachena

Santiago, 14.02.2022.- O equipo do ‘Cos pés na terra’ (23.15 h) vai combater hoxe as velutinas, e vaino facer da man de Lolo, experto en pragas, co que se comprobará que os métodos non deixan de evolucionar e que a seguridade sempre é o primeiro.

Tamén na presente edición coñecerase a Fran e Sonia, dous labregos que non entenden a súa profesión sen a experimentación que leva a descubrir sabores diferentes. Nesta liña, falarán de produtos da horta como o tomate branco ou a berenxena chinesa.

E no programa deste luns haberá unha cita tamén con David, un gandeiro recente que puxo na súa aldea vacas cachena, abellas e ata un ximnasio na palleira, convertendo o seu espazo nun lugar único.

Fuente Crtvg.es