‘Cos pés na terra’ coñece unha asociación en defensa do bosque autóctono galego e o proxecto de horta dunha escola

0
19

O equipo do programa tamén estará hoxe cunha gandeira afeita a andar a toda máquina con tal de que ás súas vacas non lles falte de nada

'Cos pés na terra' coñece unha asociación en defensa do bosque autóctono galego e o proxecto de horta dunha escola

Santiago, 23.5.2022.-    Os espectadores de ‘Cos pés na terra’ (23:15 h) coñecerán hoxe a Rudi e Sandra. El é violinista profesional, ela é bióloga e xuntos crearon unha asociación para defender o bosque autóctono galego e os seus aproveitamentos.

O programa da TVG compartirá unha xornada de traballo con Pilar, unha gandeira afeita a andar a toda máquina con tal de que ás súas vacas nunca lles falte de nada, un bo trato que elas pagan con ouro branco.

‘Cos pés na terra’ tamén ten este luns unha cita con Laura para volver á escola. O equipo do programa visitará os bancais que ela acaba de crear co seu proxecto no colexio Alborada da Coruña, unha terriña para que os nenos aprendan cousas ben importantes.

Fuente Crtvg.es