‘Cos pés na terra’ estará este luns cun luthier que quere recuperar o pito pastoril, un instrumento tradicional

0
22

O espazo da TVG tamén ten unha cita cunha pementeira e co responsable dun centro equino especializado nas máis avanzadas terapias ecuestres

'Cos pés na terra' estará este luns cun luthier que quere recuperar o pito pastoril, un instrumento tradicional

Santiago, 12.10.2020.-     O equipo do programa ‘Cos pés na terra’ (22.35 h) vai tocar hoxe o pito pastoril con Miguel, luthier empeñado en rescatar este instrumento, case esquecido, cuns sons que adornaron o rural galego desde hai séculos.

O espazo da TVG tamén se vai mergullar na vida de Adrián, un rapaz unido aos cabalos desde o nacemento, que foi quen de crear o seu propio centro equino especializado nas máis avanzadas terapias ecuestres.
    
Por último, ‘Cos pés na terra’ ten este luns unha cita con Milagros, pementeira romántica con máis de 30 anos de profesión.

Fuente Crtvg.es