‘Cos Pés na Terra’ regresa hoxe con novas historias de homes e mulleres que apostan por construír a súa vida no campo

0
63

Santiago, 07.11.2021.-     Este domingo chega á TVG unha nova temporada do programa ‘Cos Pés na Terra’, que lles achega aos espectadores as pequenas e grandes historias de homes e mulleres que apostan por construír a súa vida no campo e lles amosa como saen adiante cada día, con esforzo e esperanza.

Tres protagonistas, tres historias, tres vidas distintas entrelázanse en cada programa, que hoxe estará con Miguel, un produtor de cereixas que as ten para coller directamente da árbore e tamén en formato apto para os máis espirituosos.

Por outro lado, os espectadores coñecerán o remedio perfecto para cando o sol apreta: o sombreiro sancosmeiro. No programa de hoxe hai quen aprenda a facelo. Elas son Sandra e a súa mentora Maruja, que levarán o equipo de ‘Cos Pés na Terra’ recoller o centeo co que se elabora esta xoia galega.
    
Por último, o espazo da Televisión de Galicia ten unha cita con Miguel, Sandra e Alén, unha cita para contar todas as súas ovellas. E, xa postos a contar, vai ser que hoxe haberá que sumar unha ovella máis.

Fuente Crtvg.es