Deportivo Liceo-Reus Deportiu e Ourense Envialia-Pesc. Rubén Burela xóganse hoxe nos medios públicos galegos

0
16

G2 e G24.gal ofrecen estes encontros correspondentes aos cuartos de final da Copa do Rei de hóckey e da Copa da Raíña de fútbol sala, respectivamente

Deportivo Liceo-Reus Deportiu e Ourense Envialia-Pesc. Rubén Burela xóganse hoxe nos medios públicos galegos

Santiago, 6.5.2022.- A G2 e a G24.gal transmiten este venres decisivos encontros con participación galega en hóckey e fútbol sala. Desde Lleida, a primeira cita, ás 18:55 horas, correspondente aos cuartos de final da 78 edición Copa do Rei de hóckey, enfrontará o Deportivo Liceo, actual campión e un dos favoritos do trofeo, co Reus Deportiu (ás 18:00 h, en G24.gal).

A continuación, ás 20:55 h, os medios públicos galegos tamén achegarán, desde Ourense, o partido que disputarán por unha praza en semifinais da Copa da Raíña de fútbol sala, o Ourense C. F. Envialia e o Pescados Rubén Burela, gañador do torneo nas súas últimas tres edición e un dos grandes favoritos para levarse o título.

Fuente Crtvg.es