Diana Nogueira e Manuel San Martín, fronte a fronte esta noite en ‘Os Mellores da Clase’

0
81

O programa da TVG (23.05 h) vivirá unha loita singular, xa que os participantes desta semana, ademais de actores, tamén son parella

Diana Nogueira e Manuel San Martín, fronte a fronte esta noite en 'Os Mellores da Clase'

Santiago, 03.11.2021.-    Diana Nogueira e Manuel San Martín acoden hoxe a ‘Os Mellores da Clase’ para demostrarlle a María Mera quen destacou máis nos tempos da escola. O programa da TVG vivirá unha loita singular, xa que os participantes desta semana, ademais de actores, tamén son parella.

Diana lembrará, entre outras moitas cousas, os anos en que estudaba anatomía patolóxica e Manuel cando marchou aos Estados Unidos para cursar BUP. Quen levará o trofeo despois de superar todas as materias e probas? Seguro que o que máis goce da experiencia.

Fuente Crtvg.es