Dous profesores moi retranqueiros intentarán esta noite descubrir o obxecto máis valioso de ‘Lixo ou Tesouro’

0
51

Santiago, 19.12.2023.-   Como cada martes, o fascinante mundo dos obxectos misteriosos será protagonista na Televisión de Galicia, que ofrecerá unha nova entrega de ‘Lixo ou Tesouro’. Os concursantes de hoxe serán Antonio e Suso, unha parella que, ademais de ser amigos, son uns profesores ben retranqueiros.

Ambos os dous aceptarán o desafío do programa presentado por María Mera: seleccionar o máis valioso dunha variada colección de 12 obxectos, onde poderán atopar unha estrela ou un billete, entre outros.
    
Ao longo das tres roldas de ‘Lixo ou Tesouro’, aumentará a tensión a medida que se descubran os valores reais de cada un dos obxectos que vaian descartando. O momento cumio chegará, coma sempre, ao final do programa, cando se desvelará o premio que levarán os concursantes desta semana.

Como cada martes, o fascinante mundo dos obxectos misteriosos será protagonista na Televisión de Galicia, que ofrecerá unha nova entrega de ‘Lixo ou Tesouro’. Os concursantes de hoxe serán Antonio e Suso, unha parella que, ademais de ser amigos, son uns profesores ben retranqueiros.

 

Ambos os dous aceptarán o desafío do programa presentado por María Mera: seleccionar o máis valioso dunha variada colección de 12 obxectos, onde poderán atopar unha estrela ou un billete, entre outros.

Ao longo das tres roldas de ‘Lixo ou Tesouro’, aumenta a tensión a medida que se descubran os valores reais de cada un dos obxectos que vaian descartando. O momento cumio chegará, coma sempre, ao final do programa, cando se desvelará o premio que levarán os concursantes desta semana.

Fuente Crtvg.es