Dúas profesoras de música enfróntanse esta noite aos obxectos misteriosos de ‘Lixo ou Tesouro’

0
26

Intentarán escoller o máis valioso dunha variada colección, en que atoparán unha Barbie, uns prismáticos e unha gaita, entre outros

Dúas profesoras de música enfróntanse esta noite aos obxectos misteriosos de 'Lixo ou Tesouro'

Santiago, 05.12.2023.-     Nunha nova entrega do programa ‘Lixo ou Tesouro’ (22:45 h), os espectadores da TVG atoparanse esta noite con Carmen e Ana, unha parella de amigas, ambas profesoras de música, que se coñeceron na facultade hai máis de 10 anos.

Estas dúas concursantes adentraranse no fascinante mundo dos obxectos misteriosos cun desafío claro: adiviñar cal será o máis valioso dunha variada colección, en  que acharán unha Barbie, uns prismáticos e unha gaita, entre outras cousas.

Ao longo das tres roldas de ‘Lixo ou Tesouro’, aumentará a tensión a medida que se descubran os valores reais de cada un dos obxectos. Coma sempre, ao final do programa coñecerase o premio que levarán as concursantes, que coincidirá co valor do que seleccionen.

Fuente Crtvg.es