En ‘Casamos!’, Mónica e Julio celebran a súa segunda voda, 12 anos despois da primeira

0
34

Coñecéronse por un amigo común nunha festa e, aínda que el tiña outra parella, non cesou ata conquistar a que hoxe se volve converter na súa muller

En 'Casamos!', Mónica e Julio celebran a súa segunda voda, 12 anos despois da primeira

Santiago, 28.02.2023.-    Mónica e Julio, os protagonistas do ‘Casamos!’ (22.30 h) deste martes, levan 14 anos xuntos, 12 deles casados. Coñecéronse nunha festa, grazas a un amigo en común. Julio tiña parella, pero quedou namorado de Mónica coa primeira mirada e, aínda que a rapaza non estaba interesada nel nun principio, Julio non parou ata conquistala.

Porén, a familia de Julio non viu con bos ollos que el deixara a súa casa en Portugal para vivir con ela en Ponteareas, pero seguiron adiante coa súa relación. Desa convivencia naceu a súa primeira filla en común, cando ambos tiñan escasos 20 anos. A voda non tardou en chegar e, agora, 12 anos despois, volven casar nunha cerimonia na que a emoción é a protagonista.

Fuente Crtvg.es