Esta semana enfróntanse en ‘Come a Comarca. As Batallas’ dous titáns culinarios da provincia de Ourense: O Carballiño e A Limia

0
12

Santiago, 03.02.2021.-   Os oitavos de final de ‘Come a Comarca. As Batallas’, a maior competición gastronómica de Galicia, rematan esta noite. Na Galega enfrontaranse dous titáns culinarios da provincia ourensá: O Carballiño e A Limia. 16 comarcas comezaron competindo entre elas no programa, representadas por equipos de cinco cociñeiras e cociñeiros profesionais. En xogo, a honra das súas zonas e nin máis nin menos que 20.000 euros en premios: 5.000 para quen acade a finalísima do programa e 15.000 para o gañador.

O Carballiño é ben coñecido por un pan con moita (e boa) miga, o de Cea. A procura dos cinco concursantes comarcais levará ao presentador do espazo, Fran Cañotas, até A Boa Migalla, que no polígono industrial de San Cristovo de Cea mantén viva a tradición dun produto que chegou aos nosos días dende o século XIII, ligado aos monxes do mosteiro de Oseira. E que mellor que mollar pan que no Carballiño, lugar icónico de cocción do polbo. E entre as polberías de máis sona, está Casa Gazpara, restaurante que recentemente ampliou a carta e se reformou cun toque actual. Outras bondades que ofrece para o padal esta comarca coñeceranse en formato líquido da man de Hermanos Paniagua, que desde 1878 elaboran cremas e licores.

No caso da Limia, o recrutamento dos mellores profesionais dos fogóns levará os espectadores ao corazón da Serra do Xurés. Alí verán como facer mel neste parque natural compartido coa veciña Portugal, onde hai moita tradición termal nas beiras do río Caldo. En localidades coma Lobios, a paisaxe está marcada polo encoro de Lindoso e, moi preto, o programa coñecerá a elaboración dun chourizo artesán. Celsa Paz prepáraos na Lareira de Puxedo como sempre se fixo: dándolles verzas aos porcos e afumándoos con leña de carballo. 

Conformados os equipos comarcais, será o momento dun novo e emocionante duelo en ‘Come A Comarca. As Batallas’. Os equipos terán que elaborar a contra o reloxo os menús que os xefes de salgados e doces do programa, Gerson Iglesias e Manuel Garea, presenten. Tres pratos, tempo xusto e diferentes retos nas elaboracións porán en apuros os concursantes nunhas cociñas que botarán lume. Non é de estrañar porque o vencedor loitará na seguinte fase da competición por ser o mellor da súa provincia.
 
O equipo carballiñés estará capitaneado por Dani García, cociñeiro do Mosteiro de San Clodio, a quen acompañarán os seus axudantes de cociña, Román Dacosta e Dani Rivas. Contará tamén con Noelia Valeiras, de Casa Gazpara e Martín Sousa, da Confitería Milhojas de Ourense. 

A formación limiá terá como xefe de equipo a Domingo González, do Hotel Balneario de Lobios, que virá acompañado dos cociñeiros Óscar Paz e Cristian Salgado. Os irmáns Alberto e Pedro Pérez completan o conxunto: o primeiro deles cociña no Auriga Gastrobar de Ourense e o segundo fai o propio na Casa Rosalía de Lobios.

Santiago.- Os oitavos de final de ‘Come a Comarca. As Batallas’, a maior competición gastronómica de Galicia, rematan esta noite. Na Galega enfrontaranse dous titáns culinarios da provincia ourensá: O Carballiño e A Limia. 16 comarcas comezaron competindo entre elas no programa, representadas por equipos de cinco cociñeiras e cociñeiros profesionais. En xogo, a honra das súas zonas e nin máis nin menos que 20.000 euros en premios: 5.000 para quen acade a finalísima do programa e 15.000 para o gañador.

 

O Carballiño é ben coñecido por un pan con moita (e boa) miga, o de Cea. A procura dos cinco concursantes comarcais levará ao presentador do espazo, Fran Cañotas, até A Boa Migalla, que no polígono industrial de San Cristovo de Cea mantén viva a tradición dun produto que chegou aos nosos días dende o século XIII, ligado aos monxes do mosteiro de Oseira. E que mellor que mollar pan que no Carballiño, lugar icónico de cocción do polbo. E entre as polberías de máis sona, está Casa Gazpara, restaurante que recentemente ampliou a carta e se reformou cun toque actual. Outras bondades que ofrece para o padal esta comarca coñeceranse en formato líquido da man de Hermanos Paniagua, que desde 1878 elaboran cremas e licores.

 

No caso da Limia, o recrutamento dos mellores profesionais dos fogóns levará os espectadores ao corazón da Serra do Xurés. Alí verán como facer mel neste parque natural compartido coa veciña Portugal, onde hai moita tradición termal nas beiras do río Caldo. En localidades coma Lobios, a paisaxe está marcada polo encoro de Lindoso e, moi preto, o programa coñecerá a elaboración dun chourizo artesán. Celsa Paz prepáraos na Lareira de Puxedo como sempre se fixo: dándolles verzas aos porcos e afumándoos con leña de carballo.

 

Conformados os equipos comarcais, será o momento dun novo e emocionante duelo en ‘Come A Comarca. As Batallas’. Os equipos terán que elaborar a contra o reloxo os menús que os xefes de salgados e doces do programa, Gerson Iglesias e Manuel Garea, presenten. Tres pratos, tempo xusto e diferentes retos nas elaboracións porán en apuros os concursantes nunhas cociñas que botarán lume. Non é de estrañar porque o vencedor loitará na seguinte fase da competición por ser o mellor da súa provincia.

 

O equipo carballiñés estará capitaneado por Dani García, cociñeiro do Mosteiro de San Clodio, a quen acompañarán os seus axudantes de cociña, Román Dacosta e Dani Rivas. Contará tamén con Noelia Valeiras, de Casa Gazpara e Martín Sousa, da Confitería Milhojas de Ourense.

 

A formación limiá terá como xefe de equipo a Domingo González, do Hotel Balneario de Lobios, que virá acompañado dos cociñeiros Óscar Paz e Cristian Salgado. Os irmáns Alberto e Pedro Pérez completan o conxunto: o primeiro deles cociña no Auriga Gastrobar de Ourense e o segundo fai o propio na Casa Rosalía de Lobios.

Fuente Crtvg.es