Este luns chega á TVG a temporada máis espectacular de ‘Desmontando Galicia’, que amosará a nosa terra como nunca antes se vira

0
9

Santiago, 13.09.2021.-  Esta noite chega á TVG a temporada máis espectacular de ‘Desmontando Galicia’, que se atreverá a amosar a nosa terra como nunca antes de vira. Nesta nova andaina, non vai quedar monumento, infraestrutura nin paisaxe sen desmontar, xa que o programa vaille dar a volta a todo, armar e desarmar canto se lle poña por diante.

Presentado por Isabel Blanco e Diana Nogueira e a inconfundible voz de Quique Morales no papel do Sabichón, o seu formato permite facer un percorrido histórico e cultural polo patrimonio galego, pero non dun xeito calquera, senón mergullándose nel grazas á tecnoloxía 3D.

A través das reconstrucións e integracións dixitais, ‘Desmontando Galicia’ bota unha ollada ao pasado, desde o presente e coa axuda de expertos, para poder coñecer a nosa historia.

Na primeira entrega desta nova temporada, o espazo da TVG vai desmontar o río Miño, que baña Galicia de norte a sur e que ao longo dos séculos foi testemuña da vida e da historia da comunidade galega. Nutriu de pesca, de auga e de enerxía, pero tamén de multitude de lendas, viaxeiros e proxectos que os espectadores descubrirán hoxe percorrendo o seu leito desde o seu nacemento ata a súa desembocadura.

Fuente Crtvg.es