Estrea e liderado de audiencia para ’48 horas para o si’

0
21

O novo formato da TVG, un espazo de entretemento arredor dos preparativos dunha petición de man ‘exprés’ e unha voda sorpresa, acadou un 16% de cota na súa estrea este martes

Estrea e liderado de audiencia para '48 horas para o si'

Santiago, 17.11.2021.-     A TVG foi líder absoluta de audiencia en Galicia na noite deste martes coa estrea de ‘48 horas para o si’, cun 16% de cota. Emoción e moito amor son os ingredientes desta proposta de entretemento da Galega para o prime time dos martes.

Presentado pola coñecida actriz Iolanda Muíños, en ‘48 horas para o si’  un dos membros da parella xoga o todo polo todo, xa que debe preparar en 48 horas unha petición de man e unha voda sorpresa. Onte foi a de Sara e Santi. A vítima, Santi, permaneceu enganado pensando que só ía participar nun programa de televisión para coñecer mellor a súa parella. E durante este proceso, a audiencia coñeceu tamén as familias de ambos e gozou dos enredos e momentos previos ao posible compromiso.

Con esta estrea, Televisión de Galicia reforza a súa proposta de entretemento para o prime time semanal, en que destaca a segunda temporada da ficción ‘Auga Seca’ os luns; o concurso ‘Os Mellores da Clase’ os mércores; ‘Land Rober Tunai Show’ os xoves, e ‘Luar’ os venres. A franxa compleméntase co irreverente informativo ‘Malicia Noticias’, de domingo a mércores.

Fuente Crtvg.es