Festa de preestrea de ‘O Faro. O reencontro’ coa presenza do seu elenco ao completo e de caras coñecidas da TVG

0
94

Santiago, 10.04.2023-    A Televisión de Galicia presentou hoxe, cun acto de preestrea en Santiago, a serie ‘O Faro. O reencontro’, que recupera para o gran público a historia dos Peña e dos Muñoz, protagonistas da ficción que hai anos conseguiu cativar durante 510 episodios unha ampla franxa da poboación galega e doutras comunidades autónomas.  

‘O Faro. O reencontro’ tamén chega esta mesma noite á primeira canle da TVG, coa emisión dos dous primeiros capítulos a partir das 22.00 h. Formada por 10 episodios de 50 minutos, a serie ofrecerá cada luns novas tramas con orixe no pasado e cun punto do xénero thrillerMisterio, intriga, amor e humor son os ingredientes deste reencontro que farán que os espectadores de Televisión de Galicia vivan semana a semana as emocións máis intensas.

Ademais de contar con Raquel Espada e Fernando Tato nos seus papeis protagonistas de Lucía e Ricardo, os espectadores tamén volverán ver a Belén Constenla, María Mera, Susana Sampedro e Adrián Castiñeiras, entre outros. Tamén se unirán ao elenco novos personaxes, que van ter moito que dicir nesta nova tempada.

Todos eles, ademais doutros membros do equipo e outras caras coñecidas da Galega asistiron ao acto de preestrea que tivo lugar esta tarde no Auditorio Abanca da capital galega.

Fuente Crtvg.es