‘Galicia Bonita’ acomete esta noite o cambio espectacular dunha vivenda feita en bloque en Begonte

0
32

Os propietarios non acabarán de crer nas boas intencións da arquitecta e dos operarios sobre quen deberá asumir o custo total da reforma

'Galicia Bonita' acomete esta noite o cambio espectacular dunha vivenda feita en bloque en Begonte

Santiago, 22.03.2021.-  A arquitecta especializada en recuperación de contornas no rural Rosal Facal e o seu equipo de incribles axudantes regresan este luns ao choio. Desta volta, aterrarán na Terra Chá, en Begonte, onde Loli e Carlos, os propietarios dunha cuestionable vivenda feita en bloque, non acabarán de crer nas boas intencións da arquitecta e dos operarios sobre quen deberá asumir o custo total da reforma.

De novo, este luns, o equipo do ‘Galicia Bonita’ (22.25 h), formado tamén por Javier, Laira, Carlos e Álex, deberá convencer os donos para acometer destacadas reformas para transformar a súa propiedade no prazo máximo dunha semana.

Fuente Crtvg.es