‘Galicia Bonita’ atrévese esta semana coa reforma dunha construción tradicional: un vello muíño de Ortigueira

0
21

Teitado cunha cuestionable cuberta de pranchas de fibrocemento e cunhas fachadas ruinosas, suporá todo un reto para o equipo do programa da TVG (23.15 h)

'Galicia Bonita' atrévese esta semana coa reforma dunha construción tradicional: un vello muíño de Ortigueira

Santiago, 17.12.2022.-     Esta semana, en ‘Galicia Bonita’, Rosa Facal e os seus fieis axudantes visitarán a vila mariñeira de Ortigueira. Aínda que é maiormente coñecida polo seu Festival Celta, este concello agocha tamén multitude de paraxes merecedoras de descubrir.

Unha delas está no lugar de Casón, arrodeado de ríos e verdes leiras. Alí se atopa o vello muíño de Carlos e Iria, unha construción tradicional coa que hoxe se atreverá o equipo de ‘Galicia Bonita’. Teitado cunha cuestionable cuberta de pranchas de fibrocemento e cunhas fachadas ruinosas, suporá todo un reto para o programa da TVG.

A paz que transmite esa antiga edificación e a súa contorna espertará na arquitecta un interese especial á hora de afrontar a súa reforma, a pesar de ter grandes dificultades para a súa execución.

Fuente Crtvg.es